segunda-feira, 24 de junho de 2013

Un ano máis a RAG elexiu ao autor (non autora!) para homenaxear nas Letras Galegas de 2014. O "gañador" estaba cantado. Días antes, o presidente da RAG non deixaba caer da boca o topónimo Guitiriz, terra natal do escollido, Xose María Díaz Castro, autor dun único poemario publicado en 1961, Nimbos.


Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva;
pro tí envólveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron: Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús-María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

Xosé María Díaz Castro, Nimbos - Penélope